ACR AS BURGAS

This is a single blog caption

40 ANIVERSARIO DE FADEMGA

Ourense, 18 de Novembro de 2019

Este sábado unha representación da Asociación Club Recreativo As Burgas,  composta por Don Antonio Rincón Feijóo, presidente da Asociación Club Recreativo As Burgas, e acompañado por Don Serafin Iglesias Iglesias e Don Juan Jose Caballero Olmo en representación da Xunta Directiva así como Serafin Iglesias Rodriguez e Luis Rincón Jerez, usuarios da Asociación que  participaron na celebración do 40 aniversario de Fademga.

Este acto foi presidido polo presidente da Xunta de Galicia Don Alberto Nuñez Feijóo; Don Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Dona Fabiola Garcia, Conselleira de Política Social; Don Xose Sanchez Bugallo, Alcalde de Santiago, Don  Santiago Lopez Noguera, Presidente de Plena Inclusión e por Eladio Fernandez Perez, Presidente de Fademga Plena Inclusión Galicia.

Os nosos parabens a Fademga Plena Inclusión Galicia por estes 40 anos traballando en prol das Persoas con Discapacidade Intelectual