ACR AS BURGAS

This is a single blog caption

Homenaxe a Manoli Montoya

O pasado venres 15 de Febreiro tivo lugar na Asociación As Burgas unha pequena homenaxe a un compañeira: Manuela Montoya Pineda que inicia unha nova etapa na súa vida como xubilada. Xubilación que era efectiva dende o 10 de Xaneiro deste ano.

O acto consistiu nunha comida na Asociación arroupada por tódolos usuarios, compañeiros e varios membros da Xunta Directiva. Unha vez celebrada a comida procedeuse a entrega de dos agasallos: un en nome da Asociación As Burgas e outro feito polos usuarios da mesma.

O presidente D. Antonio Rincón Feijóo, tivo unhas palabras de recoñecemento o traballo realizado o longo dos nove anos que estivo  na Asociación Club Recreativo As Burgas. No seu discurso de agradecemento destacou o traballo realizado na atención as Persoas con Discapacidade Intelectual, desexándolle: “que te vaya bien en tu nueva vida y decirte que te echaremos de menos. Por esta Asociación han pasado muchas personas, pero lo tuyo es algo especial, tu sonrisa, tus buenos días  desde el pasillo por las mañanas cuando llegabas o marchabas para casa despues de tu turno de noche, al observar que yo ya estaba en la oficina”.

Do mesmo xeito o Sr. Presdiente salientou: “No solo eras trabajadora, si no a su vez, como una madre para nuestros chicos/chicas que tanto te aprecian, que notan ya tu ausencia y a los que digo ahora que no se preocupen pues alguna que otra vez vendrás a visitarnosm, nos estamos tan lejos”.

A nosa compañeira tamén quixo dar as grazas por este sentido homenaxe, polo apoio da Xunta Directiva así como dos compañeiros, pero sobre todo salientou o raro que vai ser para ela non estar coas Persoas con Discapacidade Intelectual.

Por parte da Asociación Club Recreativo As Burgas non nos queda mais que darlle as grazas polo traballo ben feito o longo destes anos. O noso desexo é que desfrute da liberdade de poder administrar o seu tempo, de vivir con Juan todo o tempo roubado, agasallando experiencias os seus e demostrándolles  que volveu para non irse mais…..”¡Moita sorte Manoli!”

Leave a Reply