CONVIVENCIA FAMILIAR

CONVIVENCIA FAMILIAR

Unha cita obrigada para nos é a Convivencia familiar, no Parque Municipal do Carballiño, unha xornada festiva marcada polo encontro familiar onde se favorece un clima de comunicación entre as familias, mediante o entretemento e a diversión. Esta xornada é un punto de encontro entre as familias, profesionais, técnicos, voluntarios e persoas con discapacidade intelectual.

Esta Convivencia iniciouse en 1996 co obxectivo de facer visibles ante a sociedade os dereitos das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, creando un espazo de intercambio de experiencias e apoio de unidades familiares

Leave a Reply