VIXÉSIMA EDICIÓN DOS XOGOS AUTONÓMICOS DE NATACIÓN - 1 de outubro

VIXÉSIMA EDICIÓN DOS XOGOS AUTONÓMICOS DE NATACIÓN – 1 de outubro

Hoxe de novo celebramos na nosa cidade os XX Xogos Autonómicos de Natación, organizados por Special Olympics Galicia e promovidos pola nosa Asociación. O noso agradecemento: os voluntarios da Asociación As Burgas, Club Xuvenil Santiago e Colexio Lasalle;  o apoio do alcalde de Ourense, Jesus Vazquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede e o xerente do Consello Municipal de Deportes; o Colexio Salesianos; de xeito especial a Eunice Mosquera e  Cristina Cambeiro Figueiras,  polo traballo feito estes dias; e por supuesto a todalas entidades participantes, os seus adestradores e sobre todo os nosos deportistas por que sen eles nada tería sentido.

Participaron máis de 350 persoas “Quero gañar, máis senón o consigo deixádeme ser valente no intento”, con este lema e coa memoria de Carlos Outeriño, comezaron os Xogos.

Leave a Reply