A Nosa Historia

Os orixes da Asociación Club Recreativo As Burgas, Centro Ocupacional e Residencial As Burgas, remóntase o ano 1975 cando se crea o Club Recreativo As Burgas, sendo un dos seu obxectivo o ocio e o tempo libre, así como , a formación e integración de todas as persoas con discapacidade intelectual.

Neses primeiros anos dotase o Club Recreativo de tres elementos que nos acompañaron o longo destes anos de historia: unha bandeira, un himno e un logo. Ensinas que están en todos os grandes acontecementos vividos pola nosa Asociación.

Nos primeiros pasos, a nosa Asociación, camiña a través dun grupo promotor de persoas que están interesadas en dar resposta as necesidades formuladas por un grupo de familiar. Así crease a primeira Xunta Xestora, encargada de elaborar os primeiros Estatutos da Asociación que son visados no Goberno Civil da cidade de Ourense, en maio de 1975, co número 116 correspondente á Sección Primeira do Libro de Rexistro de Asociacións.

Os integrantes desta Xunta Xestora foron:

Don Lisardo Álvarez Rúa, Dona Artemina Diéguez Iglesias, Dona Josefa Barbarro Vázquez, Dona Clementina Arias Iglesias, Dona Mª Adela González Gómez, Dona Josefa Sánchez Casanovas, Don Jose González Rodríguez, Dona Antonia Busteiro Trashorras, Dona Mª del Carmen Casanovas Calvo, Dona Julia Álvarez Prieto.

O 20 de outubro de 1975 según consta no Libro de Actas celébrase unha Asemblea Extraordinaria, onde se elixe a primeira Xunta Directiva do Club Recreativo As Burgas, formado polas seguintes persoas:

Presidente: Don Rodolfo Gutiérrez Fernández; Vicepresidente: Don Julio Sánchez Hernández; Tesoureiro: Don Jose Luís Lamas Rivera; Vicetesoureiro: Don Luís Cuquejo Diz; Secretario: Don Victorino Hernández Novoa; Vicesecretario: Dona Tina Arias Iglesias; Vocal de Monitores: Don José Ramón Jorge Janeiro; Relacións Públicas: Dona Angelines Montañés Duce, Dona Mª Dolores Rodríguez de Lamas, Dona Mercedes Sánchez Lombardero; De pais: Manuel Martinez Rojo, José Manuel Fernández Fernández; Asesores: Dona Mely Sánchez Álvarez, Dona Cándida Boch de Bravo, Dona Fina Sánchez Casanovas, Don Jose González Rodríguez e Don Lisardo Álvarez Rua.

Tanto  na Xunta Xestora como esta primeira Xunta Directiva, teñen un abanico de persoas procedentes de diferentes ámbitos: asistentes sociais, sacerdotes, pais de persoas con discapacidade, así como persoas preocupadas polas persoas con discapacidades intelectual.

Así o primeiro paso importante para a nosa Asociación e facéndose participe das preocupación dos pais, crease o embrión do futuro Centro Ocupacional. Nun primeiro momento nun piso da nosa cidade, concretamente na Rúa da Habana nº18 1º. Dedicándose  a traballos de coiro e madeira coa supervisión dos monitores especializados neste tipo de traballos.

Os primeiros pasos non foron un camiño de gloria como para a maior parte das Asociación do noso sector, nuns momentos onde as persoas con discapacidade intelectual non eran visibles para a sociedade dos anos 70, pero pouco a pouco e con tesón por parte dos pais conseguiuse que as persoas con discapacidade intelectual estean integrados nos seus ámbitos.

Inda queda camiño, pero como di o poeta: “Se hace camino al andar”.