AREAS DE ATENCION

Mediante as diferentes áreas de atención pretendemos unha atención específica e especializada según as necesidades e capacidades dos nosos usuarios.

Atención logopedia

Na atención logopedia o que pretendemos é establecer, favorecer, facilitar e potenciar a comunicación (coas diversas dimensións que o termo comunicación encerra).
A intervención está relacionada cos problemas de: voz (disfonía, afonía); adquisición da linguaxe (retraso, disfasia); a expresión verbal, a pronunciación (disartria, dislalia, disglosia); linguaxe expresivo e/ou comprensivo (afasias); fluidez da fala (tartamudez); respiración, succión, masticación e deglución.
Esta atención desenvólvese tanto en sesións individuais como grupais

Atención fisioterapéutica

Na atención fisioterapéutica levamos a cabo sesións de rehabilitación, psicomotricidade, relaxación para o mantemento da saúde, atendendo as necesidades especificas de cada persoa.

Atención Terapeutica Ocupacional

Na atención terapéutica ocupacional temos como obxectivo capacitar as persoas para participar nas actividades da vida diaria. Por tal motivo, pretendese a habilitación das persoas con discapacidade intelectual para levar a cabo aquelas tarefas que poida optimizar a súa capacidade de participación en tódolos ámbitos da súa vida e do seu entorno.

Atención psicolóxica

O servizo ofrece consultas puntuais, exploracións diagnosticas, tratamentos, seguimentos e asesoramento a familias e a profesionais. Favorecese a detención de tratamentos de problemas relacionados coa saúde mental e benestar emocional das persoas, a dous niveis: individual ( atención calquera tipo de consulta ou grupal, psicodiagnostico, a través de entrevistas, test, valoración, tratamento psicoterapéutico individual, apoio familiar, seguimento de casos e asesoramento) e a nivel grupal, a través de grupos de habilidades persoais e dificultades emocionais.

Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.