ACR AS BURGAS

This is a single blog caption

Visita do Director Provincial da Once en Ourense

No dia de hoxe visitounos o Director Provincial da Once en Ourense D. Jesús Sánchez García, o cal estivo acompañado polo Presidente da Asociación Club Recreativo As Burgas D. Antonio Rincón Feijóo xunto cos directivos da mesma D. Serafin Iglesias e D. Juan Caballero Olmo así como pola Directora da Asociación Dona Milagros Pateiro Guede.

A visita serviu para coñecer as instalacións da Asociación e o traballo que estamos a realizar coas Persoas con Discapacidade intelectual. Aproveitando a visita o Director Provincial coñeceu o equipamento de Fisioterapia que a Asociación adquiriu gracias a concesión dunha axuda económica por un importe de 2.292,87 Euros por parte da FUNDACIÓN ONCE a través do Programa de Inversiones Regionales (PÎR). Dito material permitiranos promover a saúde funcional da Persoa con Discapacidade intelectual, así como previr e tratas as súas deficiencias e/ou discapacidades para que poda recuperar as capacidades motrices ou reeduque a funcionalidade, chegando o máximo nivel de autonomía posible na actividade física, laboral ou deportiva.

Leave a Reply