XIX Xogos Autonómicos de Atletismo en Pista Cuberta

Xogos Autonómicos 7 abril 2018

O pasado 7 de Abril celebramos no recinto de Expourense os 19 Xogos Autonómicos de Atletismo en Pista cuberta organizados por Special Olympics Galicia e coa colaboración da Asociación As Burgas. Estes Xogos Autonómicos supuxeron a estrea da nova pista de Atletismo que a Secretaria Xeral para o Deporte construíu en Expourense.

Esta nova edición contou coa participación de 225 atletas con discapacidade intelectual de 19 asociacións de toda Galicia, e contou coa colaboración de  53 voluntarios. Por parte da Asociación As Burgas participaron 16 persoas: 14 deportistas e 2 adestradores.

Queremos destacar as palabras do deportista, Pablo Puente, pertencente a Asociación As Burgas, na rolda de prensa, previa a celebración dos Xogos Autonómicos, celebrada no Concello de Ourense, ó 5 de Abril: “Sentirnos campeones, poder divertirnos y demostrar lo que valemos. Queremos ganar. Y si no, sentirnos valientes en el intento”. Estas palabras poñen de manifesto o sentir de Special Olympics e de tódolos seus deportistas.

Leave a Reply