Excursión 2017

Excursión 2017. Torremolimos

No dia de hoxe ( 13 de Maio) un grupo de 24 usuarios da Asociación Club Recreativo As Burgas acompañados por dúas monitoras e 6 familiares, iniciaron o percorrido que lles vai levar dende Ourense ata Torremolimos. O obxectivo deste viaxe e coñecer novos lugares do noso territorio así como pasar uns días de descanso e diversión.

O itinerario deste ano e o seguintes:

14 de Maio: Torremolinos-Antequera. Onde se visitaran edificios datados na Idade do Bronce: Dolmen da Cova de Menga, O Dolmen de Viera. Do mesmo xeito visitaremos a Basílica de Santa Maria, o pazo de Nájera, etc..

15 de Maio: Torremolinos-Setenil de las Bodegas-Ronda. Nesta cidade unense os fios que conforman o tecido multicolor dunha das cidades mais interesantes de Andalucia. A visitia a Setenil de las Bodegas farase pola tarde, destacando a visita as casas que se atopan baixo a roca e outras ou ben sobre esta nou no seu interior.

16 Maio: Torremolinos: Dia Libre

17 de Maio. Torremolinos-Malaga: Nesta cidade visitaremos o Castelo de Gibralfaro, a Alcazaba, a Catedral e casa natal de PIcasso.

18 de Maio: Torremolinos: Dia LIbre.

19 de Maio: Torremolinos-Córdoba-Mérida: En Cordoba visitaremos a Mezquita-Catedral. En Mërida visitarse o conxunto arqueolóxico, declarado Patrimonio da Humanidade.

20 de Maio: Mérida-Salamanca-Ourense. Visitaremos o casco vello de Salamanca e despois da visita retomaremos o noso camiño cara a nosa cidade.

Leave a Reply