UNHA VOLTA MOI “SPECIAL” MARCADA POLA CHOIVA 19/08/2016

UNHA VOLTA MOI “SPECIAL” MARCADA POLA CHOIVA 19/08/2016

Máis de trinta deportista con necesidades especiais recorreron as rúas da cidade a pedaladas como prólogo á 71º A Volta.

Trinta e tres deportistas arrancaron este venres polas rúas  da cidade de Ourense. Trátase dunha iniciativa da Asociación Special Olympics Galcia para difundir a imaxe de superación das persoas con necesidades especiais.

Baixo un manto de choiva fina e pesada que por momentos lles lembrou o outono, arrancaron a pedaladas dende o Pavillón dos Remedios para completar unha ruta para poñer en valor e dar visibilidade ás posibilidades e actitudes dos discapacitados intelectuais.

Leave a Reply